jueves, 23 de diciembre de 2010

Razones lógicas.

Posicionamento

Esquerda Socialista pide máis que so “unha persoa, un cargo”

A realmente única Corrente interna de opinión do Partido Socialista apoia a doutrina "unha persoa, un cargo" para todos os cargos institucionais retribuibles debidos directa ou indirectamente ao Partido, e rexeita a de "ou todos, ou ningún". Adicionalmente, pide a limitación de mandatos e rexeita a incorporación de "independentes".

22/12/2010

En primeiro lugar, a Esquerda Socialista-Izquierda Socialista, única corrente de opinión do Partido Socialista, avergóñalle que o debate máis apaixoado no seo do PSdeG na actualidade sexa “o dos cargos” e non a crítica e proposta de alternativas fronte ás medidas ultraliberais que no eido internacional se están impoñendo como pensamento único para enfrontar a crise económica, ou, ante as próximas Eleccións, o debate das propostas programáticas.

Consideramos que as actuais diverxencias no seo do Partido respecto da eventual candidatura nas eleccións municipais de militantes con outras responsabilidades institucionais non é unha crise do PSdeG-PSOE: é unha loita nas alturas entre os actuais cargos públicos, do que queda excluida a militancia e o resto do electorado socialista. A tentación ética é abstraerse destas escaramuzas e non facerse cómplice desta distracción, que o único interese que pode suscitar na sociedade é a evidencia de ambicións eventualmente desideoloxizadas, pois non se entende que os que hoxe se opoñen, aplaudiran a mesma e a asumirán como propia no Congreso extraordinario de Pontevedra.

Ante a proposta do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, sintetizada na fórmula “unha persoa, un cargo”, de cara á configuración das candidaturas socialistas ante las Eleccións Municipais o vindeiro día 22 de maio, a Coordinadora nacional galega de Esquerda Socialista-Izquierda Socialista, manifesta:

- Apoiamos a doutrina “unha persoa, un cargo”. Concordamos co noso Secretario Xeral nacional en que o PSdeG-PSOE ten un bo “banquiño” entre a súa militancia con mérito e capacidade, non só suficiente senón equiparable a actuais cargos institucionais do Partido, e incluso mellor que moitos dos nosos actuais representantes públicos. A acumulación de cargos é un desprezo aos militantes, cunha preparación igual ou mellor para servir aos seus concellos e ao Partido.

- Pedimos a ampliación desta doutrina, para a configuración das candidaturas municipais á totalidade de cargos institucionais retribuibles, sen excepción: representantes no Parlamento Galego, si, pero tamén no Congreso e no Senado; e nós, ademais, suxerimos a súa aplicación tamén a compoñentes de Consellos de Administracións de Caixas de Aforros, Empresas Públicas e postos de designación política debida directa ou indirectamente ao Partido.

- Rexeitamos que, fronte a doutrina de “unha persoa, un cargo”, se queira contrapoñer o amaño de “ou todos, ou ningún”, e apoiamos aquela como un primeiro paso, aínda que inicialmente non se estenda máis alá dos deputados e deputadas autonómicas.

Consideramos ademais que hai que afondar nas medidas tendentes a posibilitar a incorporación de máis militantes á representación institucional do Partido, rexeitando o desprezo a unha militancia de base tanto ou mais capacitada:

- Pedimos a limitación a un máximo de dous mandatos dos membros de candidaturas, excluidos cabezas de lista. Consideramos que así se evita o acomodamento dos cargos institucionais e os Grupos municipais e parlamentarios “osixénanse” sendo máis dinámicos. Do mesmo xeito, evítanse dependencias persoais respecto da política, facilitando o retorno ás carreiras profesionais e laborais.

- Rexeitamos a incorporación de “independentes” nas candidaturas nos municipios nos que haxa militantes abondo dispostos a incorporarse á Candidatura. Consideramos que así non se desincentiva á militancia e se garante que os membros de Gobernos municipais e dos Grupos Socialistas respondan ante as respectivas Agrupacións, reducindo o risco da súa dependencia respecto do Alcalde ou Alcaldesa socialista e a concentración dun excesivo poder nas mans destas/es.

Máis información: Luis Valcarce, Voceiro nacional de ES, tfno. 676264464

--
Esquerda Socialista
Izquierda Socialista de Galicia
http://www.esquerdasocialista.es
http://twitter.com/ESdeG
http://www.facebook.com/pages/Esquerda-Socialista/172658299429046

No hay comentarios: