sábado, 20 de junio de 2009

RETROCEDIENDO

Retroceder es volver hacia atrás.
Es desandar el camino andado.
Es lo contrario de avanzar.
Es abandonar las conquistas logradas.
Es perder aquello por lo que se luchó.
Es dejar de ejercer derechos.
Es el antónimo de evolución.
Evolucionar es ir hacia el futuro.
Retroceder es volver al pasado.

Quiero publicar ésta carta de una compañera, Charo Varela, maestra de Pobra do Caramiñal dirigida a la la Voz digital, y que refleja el sentir de muchos ciudadanos gallegos.
Leerla y difundirla es AVANZAR.
Obviarla y olvidarla es RETROCEDER.

VOSOTROS MISMOS.


É imprescindible que corramos a voz.
É imprescindible que lles digamos a todos e a todas que nos están enganando.
Os libros non son dos nenos. Os libros son dos centros educativos.
As familias non son propietarias dos libros de texto, senón que, como se de bibliotecas se tratase, os centros educativos, o que fan, é prestar os libros ás familias durante o curso escolar, para que estas non os teñan que mercar.
Todos os libros son do centro educativo e os nenos teñen que responsabilizarse de tratalos ben e de non pintalos nin estragalos e son usados polo alumnado do centro ao longo de 4 anos consecutivos, ou sexa, cada libro é usado por 4 nenos durante catro cursos escolares. (A excepción son os libros do 1º ciclo, que son funxibles, polo que os nenos os poden levar á casa.)
Non hai diferenzas entre os nenos. Non hai nenos ricos e pobres, uns con libros prestados e outros mercados pola familia. Todos son iguais. Todos usan os libros de todos.
E funciona. Funciona moi ben.
As familias están contentas e os nenos aprenden a non estragar os libros, a coidalos e a compartilos.
A quen queren enganar? De que nos queren convencer?
Canto queren aforrar? A costa de que? A costa de quen?
A gratuidade dos libros de texto supón, é certo, un aforro para todas as familias galegas, con máis recursos e con menos recursos.
Pero vai moito máis alá. Entende que os libros forman parte do sistema educativo.
Non tería sentido que, nas aulas, os libros distinguiran entre familias de rendas altas e baixas. Non tería sentido que uns libros se puideran subliñar e marcar e outros non.
O aforro non o xustifica.
Poderiamos entender que a Xunta decidira alongar durante dous anos máis a vida dos libros mercados pola Xunta durante estes anos para así aforrar en época de crise.
Pero eliminar a gratuidade diferenciando nas escolas rendas altas e baixas considero ten sentido.
Quen son as rendas baixas e medias en Galicia?
A maioría.
De que aforro estamos a falar realmente?
Por outro lado, a gratuidade de libros de texto beneficia claramente ao pequeno comercio, xa que a maioría dos pais encargan os libros nas librerías que teñen preto e non van ás grandes áreas tratando de buscar un prezo máis barato.
Dende o meu punto de vista, o que está propoñendo o PP supón un retroceso imperdoable."

GRACIAS CHARO.

No hay comentarios: