viernes, 26 de junio de 2009

LIBROS DE TEXTO Y GRATUIDAD

Esto lo recibí a través de Charo Varela.

PETICIÓN POLO MANTEMENTO DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

Plataforma da Comunidade Educativa Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto

Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, xunto co resto da comunidade educativa, ante as declaracións do Sr. Conselleiro de Educación manifestando a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto

Manifestamos que:

• A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.
• A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos.
• A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación.
• Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados.
• Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico.
• O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico.
• Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de factos consumados durante a época estival, prexudicando directamente ás familias.

En consecuencia, os abaixo asinantes esiximos á Consellería que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou en Galicia no curso 2003/04, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal.

1 comentario:

Miguel García dijo...

Hola Angus.
Naturalmente estoy de acuerdo con la gratuidad de los librso de texto. Pero es interesante comentar un par de detalles.
¿Gratuidad para todos o gratuidad para rentas por debajo de xxx euros?
El sistema de gratuidad consiste en que los libros han de durar un mínimo de 4 años y hasta 8. Significa que los libros rotan entre los alumnos. Pero, para mi, hay un punto mejorable. Hay familias en las que no se invierte en libros y, con la obligación de devolverlos a final de curso, siguen sin tenerlos. Sería bueno que esas familias se quedasen con los libros de texto para empezar a fomentar el hábito de tener libros y de la lectura.
Quizá lo ideal sería, invirtiendo (no gastando) el mismo dinero, ofrecer los libros gratuitos a las rentas más bajas y que se quden con ellos.
Un abrazo muy fuerte caballero.