sábado, 5 de junio de 2010

Rompiendo el silencio; 2ª Reflexión.

Constitución Española

Título preliminar

Artigo 1

2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.


Artigo 3

1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala
.
2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.

3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.


Artigo 6

Os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e
manifestación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política. A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respecto á Constitución e mais á lei. A súa estrutura interna e funcionamento deberán ser democráticos.


Artigo 9

1. Os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á Constitución e ao resto do
ordenamento xurídico.

2. Correspóndelles aos poderes públicos promoveren as condicións para que a
liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, removeren os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitaren a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social.

3. A Constitución garante o principio da legalidade, a xerarquía normativa, a
publicidade das normas, a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuais, a seguridade xurídica, a responsabilidade e mais a interdición da arbitrariedade dos poderes públicos.


Título I

Dos dereitos e deberes fundamentais

Artigo 10

1. A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respecto á lei e aos dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social.

2. As normas relativas aos dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece interpretaranse conforme a Declaración universal dos dereitos humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España.


Capítulo II
Dereitos e liberdades

Sección 1.ª
Dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas

Artigo 23

1. Os cidadáns teñen dereito a participar nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en eleccións periódicas por sufraxio universal.

2. Tamén teñen dereito a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos, cos requisitos que sinalan as leis.


Sección 2.ª
Dos dereitos e deberes dos cidadáns

Artigo 31

1. Todos contribuirán ao sustentamento dos gastos públicos de acordo coa súa
capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, chegará a ser confiscatorio.

2. O gasto público realizará unha asignación equitativa dos recursos públicos e a súa programación e execución responderán aos criterios de eficiencia e economía.

3. Só poderán establecerse prestacións persoais ou patrimoniais de carácter público reguladas pola lei.

Artigo 35

1. Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer discriminación por razón de sexo.


Capítulo III
Dos principios reitores da política social e económica

Artigo 39

1. Os poderes públicos aseguran a protección social, económica e xurídica da familia.


Artigo 40

1. Os poderes públicos promoverán as condicións favorables para o progreso social e económico e para unha distribución da renda rexional e persoal máis equitativa, no marco dunha política de estabilidade económica. De maneira especial realizarán unha política orientada ao pleno emprego.

2. Ademais, os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais, mirarán pola seguridade e hixiene no traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción de centros adecuados.


Artigo 41

Os poderes públicos manterán un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns, que garanta a asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, especialmente en caso de desemprego. A asistencia e prestacións complementarias serán libres.

No hay comentarios: